Servizos de Socorrismo

Xemade ofrece servizos de socorrismo profesional, asumindo a alta responsabilidade que comporta a vixiancia de praias ou piscinas e prestando atención tanto á prevención como á asistencia. Xemade conta cunha ampla experiencia neste eido.

Xemade fai unha axeitada planificación previa dos servizos de socorrismo que se lle encomendan, atendendo ás peculiaridades de cada cliente e aos factores de perigosidade de cada escenario. Poñemos o acento na prevención, a mellor fórmula para evitar accidentes na auga.

Un equipo profesional, ben formado e dimensionado, con vocación de calidade, é fundamental á hora de xestionar a vixiancia de arenais ou piscinas. Xemade dá unha grande importancia á formación interna do seu persoal, que sempre conta coa titulación axeitada ás súas responsabilidades.