Servizos
Servizos Socioculturais
Xemade ofrece servizos de xestión e organización de escolas socioculturais. Para estas iniciativas de dinamización social e actividades de lecer e culturais dispoñemos de monitores especializados e cunha ampla experiencia.
Entre outras actividades, organizamos a escola de música do Concello de Mugardos, así como clases de idiomas e de diferentes disciplinas artísticas, sempre respostando á demanda dos nosos clientes.
Xestionamos as escolas culturais municipais dos concellos de Ares e Mugardos, contando con monitores especializados que imparten entre outras as seguintes actividades: Inglés, debuxo e pintura, teatro, psicomotricidade, alfabetización de adultos, bailes de salon, informática, etc...
