Xestión de Instalacións

Xemade é especialista na xestión e mantemento de instalacións deportivas, ofrecendo experiencia e profesionalidade. A empresa conta co seu propio manual de mantemento de instalacións deportivas, un instrumento de traballo no que se especifican os coidados propios de piscinas, pavillóns ou calquera escenario de actividades deportivas.

Garantimos o maior aproveitamento de calquera instalación deportiva mediante unha planificación que optimiza os recursos materiais e humanos e un correcto mantemento preventivo e correctivo.

Xemade xestiona integralmente todo tipo de instalacións deportivas, desde as máis complicadas, como son as piscinas municipais climatizadas e piscinas de verán ou descubertas, ata pavillóns polideportivos.