Historia

Xemade S. Coop. Galega nace no ano 2005 en As Pontes, baixo a fórmula de Cooperativa de Traballo Asociado. Está formada por tres socios traballadores cunha ampla traxectoria e experiencia no mundo do deporte e comezou a súa andaina xestionando a instalación deportiva máis complicada, unha piscina municipal. A experiencia nese eido no Concello das Pontes permitiu á empresa expandirse nos anos seguintes.

Dende a súa fundación Xemade mantén unha constante evolución, crecendo ano tras ano, ofrecendo os seus servizos con profesionalidade e calidade cada vez a máis clientes.

O noso obxectivo é seguir evolucionando e mellorando cun único obxectivo: A calidade dos nosos servizos.